Illa de Mouro
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Cantabria, España | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Características | ||||
Superficie | 2 ha | |||
A Illa de Mouro (en castelán, Isla de Mouro) é unha illa española situada fronte á Península da Magdalena, na boca da Baía de Santander, en Cantabria. É moi destacada, aínda que o seu territorio é só de 1,7 hectáreas. Enteiramente rochosa e bastante plana, posúe un faro nunha das súas partes máis altas. É un paraíso para os mergulladores, polos ricos fondos que hai ao seu arredor.
Historia
[editar | editar a fonte]O nome da illa até o século XVIII era Isla de Mogro, tal como se recolle en documentos do século XVI gardados nos arquivos municipal e provincial; sería no século XVIII, cando por un erro de transcrición do cartógrafo Vicente Tofiño de San Miguel, cambio o nome ao actual de Isla de Mouro.[1]
En 1570 proxectouse a construción dun castelo na illa, para protexer a entrada da baía; mais ao final o castelo construíuse na próxima península de La Magdalena (o castelo de San Salvador de Hano).[1]
En xullo de 1812, durante a Guerra da Independencia os ingleses, aliados dos españois, capturaron a illa, desde onde abateron con fogo granado as defensas costeiras da península da Magdalena ocupadas polos franceses, logrando expulsalos delas; isto permitiu o desembarco de tropas españolas en El Sardinero.
O faro da illa data do século XIX, do reinado de Sabela II. Estivo ocupado até 1921 por dous fareiros, que quedaban con frecuencia illados polos temporais. En 1921 procedeuse á automatización do faro.[2]